Saturday 27 de April de 2024

22 rapaces recolleron os seus diplomas como alumnos no curso Infornadal


Un total de 22 alumnos participantes durante estas vacacións no curso de informática Infornadal, pertencente á programación do Nadal Cultural de Riveira, recolleron esta mañá cadanseus diplomas.

O acto, celebrado na aula CeMIT en Cubeliños, contou coa participación da primeira tenente de alcalde e responsable de novas tecnoloxías, Fabiola García, así como de Abel Alonso, encargado de impartir o curso.

Tras finalizar o acto fixéronse unha foto de familia.